domingo. 29.03.2020 |
El tiempo
domingo. 29.03.2020
El tiempo

Atopan unha familia de acollida para dous cachorros achados no Valadouro

Os dous cachorros.
Os dous cachorros.
Houbo peticións de Lugo e Santander para adoptalos. Na protectora recordan que o abandono é delito

Unha familia de Viveiro, con dous nenos, farase cargo dos cans que foron abandonados o pasado martes no Valadouro. Trátase de dous cachorros de preto de mes e medio, que unha veciña atopou na parroquia de Budián e dos que se fixo cargo ata a mañá de onte, en que foron trasladados ata a clínica veterinaria A Marosa de Burela, para unha completa revisión. Serán os seus traballadores quen os entreguen no día de hoxe á familia de acollida dado que a clínica, con dependencias tamén en Viveiro, conta con permiso para poder traballar e desprazarse dentro do estado de alerta en que vive o país.

Unha situación que dificulta se cabe aínda máis a tarefa da asociación protectora de animais do Valadouro e Alfoz, pois están sen poder usar o refuxio desde que un forte temporal levou por diante o tellado hai meses. «Agora mesmo temos todo paralizado, polo que é ou Concello ou que leva a cabo a recollida e fai unha autorización expresa para que nós lles poidamos buscar unha familia debido á situación de excepcionalidade», conta unha das responsables da protectora.

Un traballo que se complica nestes días que, doutra banda, son aproveitados por algúns para abandonar aos animais, xa que hai menos xente pola rúa, polo que apelan á responsabilidade e ao sentido común, á vez que recordan que o abandono de animais está penado por lei.

O abandono destes dous cans, que irán xuntos á mesma casa, súmase o doutro cachorro, de dous meses, do que tiveron coñecemento o pasado xoves e que permanece en casa dunha voluntaria á espera dun fogar.

Para os dous atopados esta semana tiveron que descartar adopcións definitivas en Lugo e ata un ofrecemento en Santander, e apostar por un temporal máis cerca, debido á imposibilidad de desprazarse que impera en toda España.

Atopan unha familia de acollida para dous cachorros achados no...
Comentarios