lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

Atendido un home no Fuciño do Porco tras sufrir un desmaio

Fuciño do Porco. X.L.
Fuciño do Porco. X.L.
Uns médicos que se atopaban tamén de visita na zona atendéronlle nun primeiro momento

Un home necesitou asistencia médica tras sufrir un desmaio sobre o mediodía deste martes cando estaba a visitar O Fuciño do Porco, no Vicedo. O home, de mediana idade, regresaba da baliza xunto á súa muller cando empezou a sentirse indisposto cara á metade do percorrido e finalmente sufriu un desmaio.

Uns médicos que se atopaban tamén de visita na zona atendérono nun primeiro momento e unha vez que recuperou a consciencia completou o percorrido do tramo de escaleiras, ao final do cal foi recollido por unha ambulancia que o trasladou ao centro médico de Viveiro.

Atendido un home no Fuciño do Porco tras sufrir un desmaio
comentarios