Un home necesitou asistencia médica tras sufrir un desmaio sobre o mediodía deste martes cando estaba a visitar O Fuciño do Porco, no Vicedo. O home, de mediana idade, regresaba da baliza xunto á súa muller cando empezou a sentirse indisposto cara á metade do percorrido e finalmente sufriu un desmaio.
Uns médicos que se atopaban tamén de visita na zona atendérono nun primeiro momento e unha vez que recuperou a consciencia completou o percorrido do tramo de escaleiras, ao final do cal foi recollido por unha ambulancia que o trasladou ao centro médico de Viveiro.