A restauración da igrexa de Arante dotada con 185.000 euros está en marcha

O fin é evitar as humidades que deterioran os paramentos interiores afectando as pinturas murais do século XVI do santuario ribadense. O prazo de execución é de seis meses

Arias visitó las obras del santuario ribadense de Arante-EP
photo_camera Arias visitó las obras del santuario ribadense de Arante. EP

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade iniciou as obras de restauración do santuario de strong <>Nosa Señora dás Virtudes de Arante, en Ribadeo, ás que destina unha partida de br 185.000 euros. A finalidade destes traballos é evitar as humidades que deterioran os paramentos interiores afectando as pinturas murais. O prazo de execución é de seis meses.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou a igrexa e explicou que a intervención incluirá a retirada da escaleira exterior de acceso ao campanario, xa que constitúe unha de nbsp;as&principais vías de entrada de auga e ademais non é un elemento orixinal, senón produto dunhas obras realizada nos anos 90.

O proxecto contempla a substitución da cuberta de lousa, dos canlóns e bajantes, a
renovación dos acabados dos paramentos exteriores con morteiro de cal e o seu posterior pintado. 

Tamén retirarán o falso teito e colocarán un novo de madeira de castiñeiro, instalarán novas carpinterías e un sistema de luces de tecnoloxía led para mellorar a iluminación ornamental das pinturas, entre outros traballos.

A Xunta acometeu fai uns meses unha actuación de urxencia na igrexa para restaurar algunhas pinturas que estaban a se deteriorar como consecuencia da humidade. Agora executa esta intervención máis ampla para atallar a causa das patoloxías que afectan á súa estabilidade, fundamentalmente debidas á entrada de nbsp;auga&a través dos paramentos e da cuberta.

O santuario de Arante, de estilo renacentista e construído nos séculos XVI e XVII, ten elementos únicos en Galicia, como son as pinturas murais de temática mariñeira que datan do século XVI.

Comentarios