Arde o motor dun camión que transportaba bombonas en Barreiros

O lume foi extinguido polo mesmo condutor do vehículo
El camión transportaba bombonas de butano. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera El camión transportaba bombonas de butano. VICTORIA RODRÍGUEZ

Un particular alertou este luns ao 112 Galicia de que o motor dun camión que transportaba bombonas de butano comezara a arder. O suceso rexistrouse ao redor das 10.15 horas na N-634, no cruzamento coa LU-133, en San Xusto de Cabarcos, Barreiros. O alertante asegurou que ninguén resultou ferido e que as lapas foron apagadas polo condutor do camión coa axuda dun extintor.

A pesar de que o lume xa fora extinguido, desde o 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Barreiros, que acudiron igualmente ata o lugar dos feitos. Ademais foron informados os axentes de Tráfico e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, así como, por precaución, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose necesaria a súa intervención nalgún momento.

Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron a total extinción das lapas e procederon, tras comprobar a temperatura, a arrefriar a zona.

Á espera dun guindastre para retirar o vehículo, outro camión da empresa subministradora desprázase ata o lugar para facer o traspaso da mercancía, bombonas de butano e propano, que non se viron afectadas.