domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

Arde de madrugada un colector de recollida de papel en Foz

Os Bombeiros de Barreiros sufocando o incendio declarado nun colector en Foz. PC FOZ
Os Bombeiros de Barreiros sufocando o incendio declarado nun colector en Foz. PC FOZ
Un veciño deu o aviso e logrou evitar que as chamas se propagasen a outros colectores

Durante a madrugada do sábado ao domingo rexistrouse un incendio nun colector de recollida de papel en cálea Curros Enríquez de Foz.

O aviso deuno un veciño, que logrou evitar que as chamas se propagasen a outros colectores.

Ata o lugar acudiron os bombeiros de Barreiros e Protección Civil de Foz.

Todo apunta a que puido ser intencionado.

Arde de madrugada un colector de recollida de papel en Foz