Arde un coche ao pouco tempo de aparcalo na variante de Viveiro

A dona do vehículo intentou apagar as chamas cun extintor, pero non puido e tiveron que intervir os bombeiros
photo_camera Vídeo del coche. MIGUEL ALBO

Un coche resultou calcinado ás nove menos cuarto da noite deste luns cando se atopaba estacionado na zona de aparcadoiro situada fronte á variante da Viveirona avenida de Ferrol da cidade. 

Un home que pasaba pola zona alertou nun bar próximo que saía moito fume dun coche e a propietaria do automóbil, ao ver que se trataba do seu, pediu o extintor do establecemento e intentou apagalo de xeito infrutuoso. 

Despois acudiron axentes da Policía Local, que descargaron tamén o extintor que levaban no coche patrulla sen lograr a extinción, e integrantes de Protección Civil. A dotación dos bombeiros do parque comarcal vivariense conseguiu extinguilo cos medios de que dispón en pouco tempo.

O incidente liquidouse sen vítimas nin outros danos alleos ao propio vehículo, cuxa titular se fará cargo da retirada do mesmo mediante a guindastre que lle proporciona a compañía de seguros.

Descoñécense con exactitude as causas do lume, que se atribúe a algún fallo mecánico ou curtocircuíto na zona do motor, posto que a dona do turismo estacionara na zona facía pouco tempo.