Arde un almacén de maquinaria en Ribadeo

O lume afectou a toda a maquinaria da nave e numerosas ferramentas

Un incendio causou danos este venres nunha nave almacén en Ribadeo, situada nunha zona comercial e de talleres de Vilar. O lume, cuxas causas están a ser investigadas, non causou danos persoais, aínda que se viu afectada toda a maquinaria que había na instalación, numerosas ferramentas e un automóbil que tiveron que sacar os bombeiros

Ademais, a calor provocou cortes na fibra óptica que afectan a talleres da contorna.

Despregue ante o incendio no almacén de maquinaria en Ribadeo. AMA

Comentarios