Aprender das cinzas

A xeofísica ribadense Helena Seivane está a piques de acabar a súa tese pero, mentres, repasa a súa experiencia no volcán da Palma
Helena Seivane, durante su trabajo, con el volcán al fondo. H.S.
photo_camera Helena Seivane, durante su trabajo, con el volcán al fondo. H.S.

Helena Seivane afánase agora en acabar a súa tese doutoral. Xa recibiu algunha oferta de traballo e córrelle certa présa, porque sabe que en canto acabe e opte por algunha desas ofertas ou outras que estean por vir, a súa situación cambiará sensiblemente porque as condicións económicas modificaranse de forma notable. é algo importante. Pero o diñeiro non o é todo.

Esta xeofísica ribadense foi unha das contadísimas afortunadas que desde o seu traballo actual na Universidade de Granada puido desprazarse para estudar a erupción de Cumbre Vieja, aínda que tecnicamente ese nome inicial quedou sepultado pola súa propia extensión e pasou a denominarse o volcán da Palma, dadas as bocas que se foron abrindo co paso do tempo e que se afastaron desa denominación toponímica inicial.

Conclusión | Cre que os políticos deben ir ás zonas catastróficas

Desde que estivo alí, ela e o equipo que acudiu á illa canaria puideron recoller os froitos do seu traballo, xa que instalaron unha serie de sensores e equipos que lles ofrecen uns datos valiosísimos: "Estivemos recibindo información coas estacións que puxemos, conectadas a través de wifi que deron tamén algún problema, sobre todo unha que estaba nun lugar máis alonxado. Foi algo moi relevante, sobre todo porque polo me dixeron vos meus profesores: houbo xente que adicou a súa vida a estudar a vulcanoloxía das illas Canarias, xubiláronse, e pasou isto, algo que eu puiden estudar tan nova", explica Seivane.

Á hora de referirse á erupción propiamente dita, aínda que deixa claro que ela non é vulcanóloga, explica que foi singular nalgúns sentidos como que "houbo polo menos un par de días nos que o volcán digamos que avisou, que iso por exemplo cun terremoto orixinado nunha falla non acontece. O que tamén pasou foi que algúns expertos agardaban que durase menos. Estivo dando sinais de que ía parar, pero continou, sobre todo cando se empezou a depositar aquel xofre de cor amarela. Non obstante, aguantou dous meses máis. Moitos pensaban que non ía durar tanto".

Aplicacións | Os datos recollidos case serven só para Canarias

Claro que iso son cuestións importantes. Pero que non deixan de ser impresións a nivel científico. Ela sacou algunha lección a nivel persoal que talvez sexa moito máis importante e que confía en que acabase por chegar non só a ela, senón a máis xente. Explícao dicindo que "o máis importante de todo isto, a nivel persoal, foi que entendín porque é necesario que os políticos se despracen a sitios catastróficos. Porque unha cousa é velo na tele e outra estar alí. Adquire outra dimensión ver esa destrución. Na tele intúelo, pero velo en persoa impresiona moitísimo e se eu fose unha política iría alí para veo en directo. Desde logo, se estivera nas miñas mans axudalos economicamente, faríao e iría alí porque podes ver a présa que hai por esa axuda".

ESTUDO DE DATOS. Pero agora toca seguir adiante e, de momento, xa están a traballar co que teñen. Di que os seus compañeiros "están a clasificar os sinais adquiridos tanto polos equipos que puxemos na erupción como os de dous meses antes. Sei de compañeiros que traballaron coas semanas previas á erupción e están atopando sinais que non son puramente sísmicas, senón movementos da cámara naumática dos fluídos, que non xeran alarmas sísmicas pero si que son un sinal de que o volcán está a activarse. Iso é moi importante. Agora tratarase de comparar iso coa erupción non tempo do volcán. Tamén será importante ver as derrubas no cono e comparalas cos sinais que se recibiron".

Futuro | Xa recibiu ofertas de traballo, que analizará tras a súa tese

Pero Helena Seivane avisa de que en realidade non descubriron unha especie de vacina contra as erupcións volcánicas, porque di que estes coñecementos se poderán aplicar "sobre todo no contorna das Canarias" xa que "o estudo que saia dese volcán será máis complicado aplicalo, por exemplo, en Xapón, porque non se comportan igual xa que a estrutura profunda da Terra é totalmente distinta". De modo que polo momento haberá que gardar a champaña. Polo menos fose de Canarias, porque alí si terán unha ferramenta importantísima de cara ao futuro.

Pero a vida segue: "Eu xa non estou con isto das Canarias, a menos que o meu xefe consiga sacar adiante un proxecto de investigación do volcán. Eu sigo co meu sobre os volcáns da Antártida e espero presentar nuns meses o resultado porque estou a piques de rematar a tese. Agora mesmo é ó que adico a maior parte do tempo, a rematar a tese. Teño ofertas para traballar xa como doutora así que é o que me corre máis présa". Isto podería levala, ou non, á Antártida: "Veremos, porque agora irá para alí o Instituto Xeográfico Nacional no canto de nós. Xa dependerá de que se consigan proxectos concretos. Ogallá!".

Comentarios