martes. 24.05.2022 |
El tiempo
martes. 24.05.2022
El tiempo

Aprazada a Marcha da Merluza de BTT que estaba prevista para o día 6 de febreiro

61c9117b-3b63-4b98-a751-7b0
Saída dunha edición da Marcha da Merluza. AEP
A organización, que corresponde ao Club Ciclista de Burela, pide desculpas aos afectados e asegura que intentará dar en breve unha nova data

O último adiamento confirmado dun evento deportivo na Mariña é o da oitava edición da Marcha da Merluza, unha proba de BTT que organiza o Club Ciclista de Burela e que estaba prevista para o 6 de febreiro.

Os responsables da organización aclaran que non se trata dunha suspensión, senón dun adiamento, aínda que para unha data polo momento por confirmar. "Sentimos moito dar esta nova o mesmo día que se ían abrir as inscripcións, pero por problemas burocráticos é imposible celebrala na data que estaba pensada inicialmente. En breve esperamos confirmar o novo día de celebración", sinalan, engadindo que "tódalas persoas que xa tiñan formalizada a inscrición recibirán o importe íntegro se non poden participar na nova data".

Aprazada a Marcha da Merluza de BTT que estaba prevista para o día...
comentarios