Aparece un golfiño morto na praia xovense de Portocelo

O exemplar mide 60 centímetros e pesa uns 20 quilos. Posiblemente chegou á costa por culpa dun dos temporais de inverno no mar
Sin nombre
photo_camera Os restos do golfiño. EP

Un veciño localizou este sábado un exemplar de golfiño morto na praia de Portocelo, no concello de Xove. O exemplar, que pesa uns 20 quilos e mide 60 centímetros, segundo os vixiantes municipais do Concello que acudiron ata o lugar onde apareceu, puido ser arrastrado cara a terra por mor dos últimos temporais.

O cetáceo presenta varias lesións por todo o corpo, que tamén poderían deberse aos golpes que se deu contra as rocas, como consecuencia da ondada dos últimos días. Todo apunta a que podería levar varios días morto, pero se descoñece con exactitude.

Os vixiantes do Concello de Xove retiraron o animal cara ás rocas para que non o leva a marea, a fin de que persoal da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) poida facerse cargo do mesmo, no caso de que tivese interese a recollida dalgunha mostra. En caso contrario, será o Concello quen se ocupe do seu enterramento.

A Cemma rexistrará en todo caso este varamiento e as súas posibles causas. Os temporais do inverno favorecen os varamientos de cetáceos e outras especies mariñas, de feito é nesta época do ano na que son máis frecuentes.

Comentarios