Unha aparatosa saída de vía en Barreiros sáldase sen feridos e co coche no medio da vía

Unha aparatosa saída de vía ocorrida este sábado no quilómetro 576 da estrada N-634, ao seu paso pola localidade de Vilamar, no municipio de Barreiros, saldouse sen feridos, aínda que o vehículo quedou moi esnaquizado e obstaculizando a circulación no medio da calzada.

O accidente produciuse ao redor das 17.20 horas desta tarde cando o automóbil circulaba en dirección Santiago nunha zona de tres carriis.

A central de urxencias do 112 Galicia mobilizou a unha patrulla da Garda Civil de Tráfico así como ao servizo de conservación da vía para a regulación da circulación, a retirada do vehículo sinistrado e a limpeza da estrada, a fin de restablecer as condicións de seguridade na mesma.