Dous anos e medio a Gervasio Cao por eludir unha condena

O xulgado do Penal ve probado que montou un armazón societario para non pagar unha débeda a Promonorte que recoñeceu outro tribunal
Juzgado de lo Penal número 2 de Lugo. GOOGLE MAPS
photo_camera Xulgado do Penal número 2 de Lugo. GOOGLE MAPS

O xulgado do Penal de Lugo emitiu un auto no que condena ao antigo construtor Gervasio Cao a unha pena de dous anos e medio de cárcere así como ao pago dunha multa de 3.246 euros ao considerar probado que cometeu un delito de frustración de execución dunha sentenza.

Nun longo razoamento, a xuíza entende que Gervasio Cao montou un armazón societario co que se foi traspasando dunha firma a outros varios bens seus como dúas leiras ou un vehículo.

A finalidade de todo iso era non afrontar o pago dunha condena en firme confirmada polo Tribunal Supremo pola que tiña que facer fronte a un pago de 427.000 euros á firma Promonorte, que foi a que lle denunciou.

A denuncia inclúe ademais aos seus tres fillos, P.C.R., N.C.R. e I.C.R., ademais da a que era a súa parella M.G.L.G., que en vía penal tamén son considerados culpables, aínda que no seu caso como "cómplices necesarios" para que Cao puidese cometer o delito polo que se lle xulgaba.

Concretamente, todos eles figuraban como responsables das distintas empresas que foi montando o empresario e a eles condénaselles 15 meses de prisión e a pagar unha multa de 1.626 euros.

O auto non recolle completamente as reclamacións que presentara Promonorte, que reclamaba case 1 millón de euros.

A xuíza do caso especifica na xustificación da súa decisión que "resulta acreditado que Gervasio Cao, por medio dun armazón de sociedades interpostas e coa axuda dos seus fillos e da súa compañeira sentimental, burlou o lexítimo dereito de crédito da entidade querellante" abocándoa "á interposición desta querela". Esta decisión non é firme e pódese recorrer.

Comentarios