Andrés Vidal ten unha "idea" para acabar coas fases da desescalada

O humor mariñán deste alfocés volve triunfar nas redes sociais
Andrés Vidal Ourol.FACEBOOK
photo_camera Andrés Vidal Ourol.FACEBOOK

O alfocés Andrés Vidal Ourol volveu a revolucionar as redes con algunhas das súas propostas coas que nos deixa ver que a gran parte dos problemas que arrastra a crise do coronavirus poderían solucionarse dun modo sinxelo.

Logo de triunfar ao principio do estado de alarma cun vídeo que, con sarcasmo, ensinaba "aos de cidade" por que "os que vivimos non mundo rural" non necesitan facer provisión de papel hixiénico baleirar o supermercado para afrontar a pandemia. Vidal volve para acabar co problema das fases.

A súa proposta para respectar e garantir o distanciamento non é outra que saír a pasear cunha rozadora, o cal garante "2,20 metros" de distancia, 1,20 que mide a vara central da ferramenta, ao que hai que sumar outro metro de respecto que impón o aparello.

Tamén recomendou o uso dunha fouce para as protestas, unha solución para non arruinar os paus de golf.  

Comentarios