Amoedo e o Burela separan os seus camiños un ano despois

O conxunto mariñán desexoulle "moita sorte dentro e fóra da pista"
Amoedo. BURELA FS
photo_camera Amoedo. BURELA FS

O Peixes Rubén Burela FS comunicou este xoves que o pivote pontevedrés Jacobo Amoedo concluirá o seu contrato o próximo 30 de xuño, tras un ano no club lucense. 

Amoedo estreouse na elite do fútbol sala español co Burela logo de tres tempadas en Italia, as dúas últimas co Catania. 

O conxunto galego desexoulle "moita sorte dentro e fóra da pista" tras anunciar que separan os seus camiños.

Comentarios