lunes. 24.01.2022 |
El tiempo
lunes. 24.01.2022
El tiempo

A ambulancia medicalizada con base en Foz perderá un técnico

Personal del 061, con una pancarta de protesta. AMA
Persoal do 061, cunha pancarta de protesta. AMA

O persoal asegura que o servizo empeorará e o 061 di que se trata dun novo modelo e que se garante a atención das urxencias

O novo concurso para o servizo de transporte sanitario urxente terrestre do 061 está a provocar protestas na comarca ao contemplar a eliminación dun técnico en urxencias sanitarias da ambulancia medicalizada con base en Foz, que agora conta con dous destes profesionais.

Os técnicos de urxencias da comarca denuncian que este recorte non se produce no resto de ambulancias medicalizadas e que supón un empeoramento na calidade do servizo. Ademais, denuncian que os novos pregos van en contra de moitas das instrucións do propio 061. Por iso, reclaman "traballar en igualdade de condicións que nas demais ambulancias medicalizadas existentes en Galicia e así evitar as diferenzas na atención que sufrirán os habitantes da Mariña e a creación de pacientes de primeira e de segunda".

Os técnicos recibiron este xoves o apoio da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña, do BNG, que anunciou que levará o asunto ao Parlamento, e do alcalde de Burela, Alfredo Chairo, que anunciou a súa participación na concentración do venres ante o centro de saúde focense.

Pola súa banda, desde o 061 explicaron que a ambulancia de soporte vital avanzado de Foz se incorporará ao modelo asistencial de atención ás urxencias e emerxencias que se implantará a partir da adxudicación do novo concurso e que contará con outras dúas ambulancias no Salnés e Monforte de Lemos, onde tamén hai hospitais comarcais.

Segundo explican, a incorporación de Foz a este modelo responde aos resultados dos estudos levados a cabo para mellorar a calidade organizativa e asistencial do servizo e que a atención "se atopa garantida". Ademais, apuntan a que os helicópteros medicalizados con base en Santiago e Ourense tamén poden prestar asistencia urxente na comarca.

A ambulancia medicalizada con base en Foz perderá un técnico
comentarios