Dúas medallas e un bo puñado de postos de honra foi o balance da participación dos tres clubs lucenses que tomaron parte na cuarta edición do trofeo internacional de piragüismo Entre Pontes Cidade de Pontevedra 2021, que reuniu a máis 450 padeeiros desde a categoría de cadete ata a de máster. As dúas medallas foron para Nicolás Gayol, do Altruán Ribadeo, no k-1 cadete, e para Alberto Pigueiras, do CP Viveiro Urban Hotel, no k-1 sénior. Ademais destes dous clubs tamén participou o CD San Ciprián.
Gayol foi o máis destacando do Altruán, subindo ao segundo chanzo do podio cadete, mentres que as súas compañeiras de categoría Andrea Rodríguez e Ángela Fernández foron quintas no k-2. Tamén participou en máster José Ángel
Pigueiras encabezou co seu terceiro posto na categoría sénior a expedición do Urban Hotel, formada por 8 deportistas. Tamén quedou entre os 10 primeiros a parella Noé Fernández Quelle-Roque Basanta, décimos no k-2 xuvenil e Marta Quelle. O resto de padeeiros foron Lorenzo García
Do San Ciprián competiron Pablo Míguez, Joel González, Álvaro López e Mario Cao, entre os 20 primeiros das súas categorías.