A Policía Nacional alertou o pasado día 21 Interpol dunha agresión de violencia de xénero en Moorends, do Reino Unido, tras denunciar a irmá da vítima en Viveiro, que achegou mensaxes e fotos de lesións compatibles con malos tratos.
O autor foi detido pola Policía británica, segundo comunicou Interpol tras indicarlle que corría risco ao non responder o teléfono. O caso foi notificado ao xulgado de Viveiro.