Alcoa manterá paradas 32 cubas en San Cibrao ata ter un novo marco enerxético

O comité de empresa asegura que isto suporá baixar a produción un 6 % máis
Vista de la fábrica de Alcoa, en San Cibrao. AEP
photo_camera Vista da fábrica de Alcoa, en San Cibrao. AEP

O presidente do comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao-Cervo, Xosé Paleo, manifestou este venres que seguen paradas 32 cubas de electrolisis das 512 con que conta a planta mariñá e que a empresa lles dixo aos traballadores que se manterán así "mentres non haxa un novo marco enerxético".

"A empresa dinos que mentres non haxa un marco enerxético que permita ver un futuro claro, que permita competir con outros países da Unión Europea, que non teñen perspectiva de volver porse en funcionamento", puntualizou.

A paralización das cubas, precisou Paleo, "supón baixar a produción máis dun 6% que sumado a unha baixada da mesma que fixeron un mes antes, reducindo a intensidade de todas as series de 168 mil amperios a 160 mil, en total supón que a produción se viu reducida en un 11%".

O presidente do comité de empresa recordou que manteñen as mobilizacións, os venres ás 14.00 horas, que no caso deste venres celebrarase ás portas da factoría de San Cibrao.

Sobre a súa situación, insisten en reclamar unha saída ao Goberno central, á vez que avisaron de que "segundo pasa o tempo" achéganse ao precipicio".

A paralización das cubas e a redución da produción son decisións reversibles, así da mesma forma que se fixo pódese reverter pero si se dan pasos maiores será cada vez máis difícil reverter a situación e o futuro da fábrica achégase cada vez máis ao desastre", alertou.

As protestas continuarán os venres e, ademais, os traballadores teñen previsto participar "masivamente" noutra concentración programada para o mércores 9 de outubro, "co apoio dalgúns alcaldes da Mariña, a partir das 20.30 horas na Praza do Concello de Xove. 

Comentarios