jueves. 21.10.2021 |
El tiempo
jueves. 21.10.2021
El tiempo

Alcoa insiste en que "o reto da enerxía" debe resolverse antes de vender Aluminio

Planta de Aluminio, en Xove. JMª ÁLVEZ
A planta de Aluminio, en Xove. JMª ÁLVEZ
A compañía lanza un comunicado en vésperas de que o plantel de San Cibrao retome a folga

En vésperas de que o persoal de Alcoa en San Cibrao retome a folga, a compañía emitiu un comunicado no que insiste en que o prezo da enerxía "o frea yodo".

A multinacional lamenta que, "a pesar dos seus mellores esforzos" para presentar unha proposta que axude a resolver a situación da planta de Aluminio de San Cibrao, "non se estea abordando o tema clave que é a enerxía non competitiva".

Alcoa tamén reitera que a súa vontade é a de seguir " traballando, xunto aos gobernos central e autonómico, na procura dunha fórmula para o posible traspaso directo da planta a un terceiro".

"Unha vez que o Goberno descartou unha posible venda a Sepi, a compañía presentou o 30 de xullo de 2021 unha proposta que buscaba atopar unha forma de traballar co Goberno nacional, Xunta, sindicatos e representantes dos traballadores para abordar os problemas enerxéticos da produción de aluminio primario e obter garantías sobre o prezo da electricidade", 
 
Esta proposta, segundo Alcoa, prevía a continuidade das operacións da planta ata 31 de xullo de 2022 "para dar tempo a atopar unha solución sobre a enerxía". E, "unha vez resolto este problema", a compañía emprendería "un novo proceso de traspaso da planta, previa confirmación expresa da solvencia dun comprador a través de instrumentos do Estado, conforme ofrecera a Ministra de Industria, Comercio e Turismo". 

Con todo, Alcoa insiste en que a planta de Aluminio non é viable debido ao marco enerxético pouco competitivo en España. Actualmente, a compañía paga un prezo medio anual de ao redor de 95 euros por MW/h "máis do triplo do que paga a compañía en calquera outra planta de aluminio do mundo.
 
"Incluso cos prezos do aluminio en máximos de 10 anos, a planta de aluminio de San Cibrao segue sendo inviable debido ao prezo da electricidade”, manifesta Tim Reyes, vicepresidente Executivo e Director Comercial Global de Alcoa, que engada que nos comprometemos a seguir adiante coa transferencia da planta a un terceiro, pero primeiro debe resolverse o marco enerxético".

Tamén se refire á folga que o pasado mércores decidiron retomar os traballadores: "O que contribuiría á solución non é unha folga, que ten un impacto negativo para o futuro das plantas de Alúmina e de Aluminio, senón unha verdadeira solución do goberno ao problema da enerxía eléctrica".

Finalmente, a multinacional pecha o comunicado cunha mensaxe para o Goberno: "Se non pode garantir un marco enerxético competitivo, Alcoa está disposta a progresar inmediatamente coa transferencia da planta a Sepi".

Alcoa insiste en que "o reto da enerxía" debe resolverse antes de...
comentarios