domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Alcoa acepta a sentenza do Supremo pero afirma que a fábrica segue sendo inviable

Vista áerea de Alcoa. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Vista áerea de Alcoa. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Cifra en 160 millóns de euros as perdas nos últimos tres exercicios e asegura que a situación empeorou este ano pola alza do prezo eléctrico, que superará os 170 euros o MW/h no cuarto trimestre

A empresa Alcoa emitiu un comunicado no que di que "acepta" o fallo do Tribunal Supremo que ratifica a nulidade do Ere que pretendía levar a cabo na fábrica de Aluminio de San Cibrao aínda que se mantén "á espera do texto completo" da sentenza, que di que "non altera a situación de inviabilidade da planta".

A multinacional recorda que propuxo o despedimento colectivo "pola situación insostible" da fábrica sancibrense, que "xerou perdas de aproximadamente 160 millóns de euros nos últimos tres anos", algo que atribúe á "falta dun marco enerxético competitivo en España".

Este problema, di Alcoa, non só persiste senón que "se agravou significativamente nos últimos meses" pola alza do prezo eléctrico e a previsión é que no cuarto trimestre deste ano o custo para a fábrica estea por enriba dos 170 euros o megawatt hora, o que segundo a empresa "confirma aínda máis a inviabilidade da planta nas circunstancias actuais".

Alcoa di que a pesar desta situación "nunca propuxo pechar" a fábrica" e ofreceu numerosas alternativas razoables, como un Erte e manter as cubas de electrolisis en condicións de reinicio, unha venda á Sepi para unha transferencia posterior a un terceiro ou a posibilidade de venda directa a un terceiro se a planta obtén previamente acceso a un marco enerxético competitivo".

Alcoa acepta a sentenza do Supremo pero afirma que a fábrica segue...
comentarios