Un alcance no cruce de Cangas e unha colisión en Foz sáldanse con danos materiais

Vecinos de Viveiro alertaron dun todoterreo envorcado en Faro, aínda que non había ninguén dentro do vehículo
Alcance en Foz. AMA
photo_camera Alcance en Foz. AMA

Un alcance ocorrido ás 19.15 horas deste venres no cruzamento de Cangas e unha colisión acaecida ás 20.30 horas en Mestre Lugilde de Foz contra un turismo estacionado saldáronse con danos materiais.

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, e ata o lugar dos feitos trasladáronse axentes da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.

TODOTERREO ENVORCADO EN VIVEIRO. Particulares alertaron ao 112 Galicia da presenza dun vehículo todoterreo envorcado entre Xuances e Faro, no municipio de Viveiro. A incidencia rexistrábase cara ás 21.15 horas deste venres.

Unha patrulla da Policía Local vivariense desprazouse ata o lugar do sinistro, pero non achou a ninguén dentro do vehículo.

Comentarios