A alcaldesa de Barreiros reclama á Xunta máis de 3 millóns para construír unha depuradora

O Concello demanda unha "solución" ao problema da depuración de augas residuais, ao consideralo "moi importante, que leva anos existindo e que empeora co tempo"

Ana Ermida, en un pleno de Barreiros. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Ana Ermida, nun pleno de Barreiros. JOSÉ Mª ÁLVEZ

A alcaldesa de Barreiros Ana Ermida, reclamou á Xunta un total de 3.300.000 euros para facer fronte á construción dunha nova depuradora de augas residuais na zona de San Miguel, xa que a administración local ve "imposible afrontalo".

Así, Ermida sinalou nunha carta remitida ás consellerías de Medio Ambiente, Turismo, Sanidade e Infraestruturas, que a situación se solucionaría" coa construción dunha nova estación na área de San Miguel, o que afectaría ás parroquias de San Miguel de Reinante e Santiago de Reinante.

Na súa intervención, a alcaldesa tamén fixo fincapé en que a localización dos puntos de vertedura actuais "están en zonas moi próximas á praia", ademais de en lugares "emblemáticos", o que supón "impactos" ambientais e turísticos "negativos".

O goberno local solicitou unha reunión para abordar esta cuestión cos distintos departamentos do Goberno galego, e considera "imprescindible" a colaboración entre administracións implicadas para "afrontar" os investimentos "en beneficio dos veciños de Barreiros e das persoas que visitan o concello". "O municipio necesita unha imaxe moderna, avanzada e con servizos propios do século XXI", aseverou Ermida.

Máis en A Mariña
Comentarios