sábado. 08.05.2021 |
El tiempo
sábado. 08.05.2021
El tiempo

Os alcaldes de Xove e Cervo comparten a preocupación por Alcoa

Demetrio Salgueiro. ARCHIVO
Demetrio Salgueiro. ARCHIVO

"A perda de empregos sempre é un golpe moi duro", recorda o mandatario xovense, Demetrio Salgueiro

Os alcaldes de Cervo e Xove, concellos nos que se asentan as instalacións de Alcoa na Mariña, mostraron a súa preocupación pola posible repercusión dos peches da Coruña e Avilés no complexo local.

"A perda de empregos sempre é un golpe moi duro", recorda o mandatario xovense, Demetrio Salgueiro, quen confía en que finalmente se poida evitar o peche e insta o Goberno do Estado "a buscar unha solución". Un executivo dunha cor diferente ao que lle tocou lidar co problema da enerxía nos últimos anos e ao que anima a buscar unha solución á tarifa eléctrica para a primeira empresa da comarca. "É unha preocupación que sempre está aí e debería haber unha solución máis a longo prazo", apunta.

Aínda que San Cibrao queda fóra da purga, a situación é só de calma relativa, segundo recoñece o alcalde cervense. "Non é unha boa nova para as localidades afectadas, pero tampouco ou é para nós. Non é boa noticia para ninguén", resume Alfonso Villares.

O rexedor é consciente da intertidumbre que supón para todos os veciños da comarca, xa que "é unha asina que xera moita riqueza na Mariña e na provincia e somos moitos vos concellos que vivimos grazas á riqueza que nos achega Alcoa", recorda, coa esperanza posta de que "finalmente se poidan solucionar as cousas".

Os alcaldes de Xove e Cervo comparten a preocupación por Alcoa
comentarios