Os alcaldes do PSdeG da Mariña rexeitan o convenio de transporte sanitario

O novo plan elimina un técnico de urxencias santiarias para a ambulancia medicalizada de Foz

Una protesta del personal de transporte medicalizado de A Mariña.AEP
photo_camera Unha protesta do persoal de transporte medicalizado da Mariña.AEP

Alcaldes e candidatos á alcaldía dos municipios da comarca lucense da Mariña acordaron enviar un manifesto á Xunta de Galicia para solicitar a paralización "inmediata" do novo contrato para o servizo de transporte sanitario.

A decisión foi adoptada logo da reunión que mantiveron os rexedores socialistas e o secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, Álvaro Santos, con traballadores do 061 no centro de Saúde de Foz

Os socialistas recordan que ese contrato contempla a supresión dunha praza de técnico de urxencias sanitarias para a ambulancia medicalizada de Foz, que dá servizo a veciños de toda a comarca. 

Ademais, destacan que a de Foz será a única das dez distribuídas por toda Galicia á que se lle recorta persoal co novo contrato. 

O manifesto foi remitido este martes Consellería de Sanidade e á xerencia do Sergas, coa firma dos oito alcaldes do PSdeG na Mariña, que expresan o seu "máis severo reproche a este inaceptable recorte".

Comentarios