Os alcaldes da Mariña formarán unha fronte común: "De Alcoa comemos todos"

"Temos que defendela ante quen sexa, con independencia de cores políticas", advirte Cajoto
El alcalde de Foz Fran Cajoto. AEP
photo_camera O alcalde de Foz Fran Cajoto. AEP

O alcalde de de Foz e presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Francisco Cajoto, convocou aos demais rexedores da comarca a unha reunión urxente para establecer unha fronte común en defensa dos empregos que xera esa planta industrial. "Estamos moi preocupados todos os alcaldes da Mariña", dixo Francisco Cajoto ante a perda de 500 empregos directos, ademais dos numerosos postos de traballo que, de forma indirecta, xera o funcionamento desta fábrica na comarca.

"De Alcoa comemos todos", dixo o presidente da Mancomunidade e polo tanto "non podemos prescindir dela".
"Temos que defendela ante quen sexa, con independencia de cores políticas", dixo o rexedor socialista, "ante o Goberno central, para que aprobe ese estatuto das empresas electrointensivas", e ante a Xunta de Galicia "para que tamén faga os deberes dentro das competencias" que ten atribuídas no marco do Estatuto de Autonomía en materia industrial.

Para iso, Cajoto convocou aos demais alcaldes a unha "reunión urxente", que se celebrará este venres día 29 de maio a partir das 19.30 horas

Comentarios