Agredido o persoal dunha ambulancia en Foz ao asistir unha muller

Acudieron al hospital por las lesiones y denunciaron a la agresora, que fue detenida
Una ambulancia. AEP
photo_camera Unha ambulancia. ARQUIVO

O persoal da ambulancia medicalizada do 061 en Foz sufriu a pasada noite unha agresión mentres se atopaba asistindo unha persoa. Como consecuencia, dous membros do equipo, a enfermeira e o técnico de urxencias sanitarias (TES), precisaron acudir ao hospital polas lesións ocasionadas. 

Segundo relatou a Europa Press un dos afectados, Camilo Vázquez, o equipo foi alertado para asistir unha persoa que se atopaba alterada na rúa, para o que, segundo lles indicaron, tamén se mobilizou unha patrulla da Garda Civil como apoio. Á súa chegada á zona, e aínda que non chegaran os axentes, o equipo non quixo demorar a súa intervención e dirixiuse a asistir a muller, que os "insultou" en varias ocasións. 

Posteriormente, e mentres a enfermeira intentaba tranquilizala para administrarlle medicación, a sanitaria recibiu "unha patada na cara" que a desprazou varios metros", atendendo ao narrado polo técnico de urxencias sanitarias. Este acudiu auxiliar a súa compañeira, momento no que el tamén foi agredido con varias patadas no peito e nun ombreiro. 

Ante a agresividade da muller, que os seguiu golpeando, o equipo sanitario pediu "auxilio" á central "ata en tres ocasións". Os axentes, apunta unha das vítimas, chegaron "15 minutos despois". 

Tras tombar á muller para "evitar que se fixese dano" e conseguir sedarla, os agredidos precisaron tamén asistencia hospitalaria. Segundo Camilo Vázquez, foi necesaria unha exploración e probas médicas por lesións na cara, o peito, o estómago e un ombreiro. Ambos interpuxeron denuncia polo ocorrido e, afirmaron, a agresora foi detida á espera de que se practiquen dilixencias.