Os afeccionados ao motor vibran co primeiro Rallye da Mariña

A proba arrinca na mañá do sábado
Preparativos del primer Rallye Recalvi da Mariña Lucense. PALEO
photo_camera Preparativos do primeiro Rallye Recalvi da Mariña Lucense. PALEO

Ás 8.00 horas deste sábado comezan os pilotos a saír do parque pechado de Viveiro para que se poña en marcha o primeiro Rallye Recalvi da Mariña Lucense. Trátase dunha proba histórica para a comarca, que só tivo a oportunidade de gozar de probas de montaña como a da Pontenova, pero que nesta ocasión será o punto e final campionato galego de marcas e pilotos, coa intención ademais de converterse nunha carreira habitual no campionato.

Aínda que a carreira arrinca o sábado, durante toda a tarde deste venres achegáronse polo peirao vivariense unha gran cantidade de afeccionados, interesados por coñecer de primeira man os coches participantes no rallye e tamén as impresións dos pilotos e copilotos que tomarán parte na carreira. A xente interesouse especialmente polas impresións dos pilotos sobre o traxecto deseñado para a proba e os lugares onde pode ser máis interesante presenciar os tramos cronometrados nos tres municipios que as acollen, O Vicedo, Xove e Cervo.

O punto de partida do primeiro tramo será O Vicedo, onde os pilotos cubrirán o tramo máis longo da edición, de 11,1 quilómetros, ás 8.28 horas. Este mesmo tramo repetirase ás 12.47 horas e ás 17:26. As tres pasadas por Xove están programadas para as 9.16, 13.35 e 18.14 horas, cun tramo de 9,9 quilómetros e finalmente será Cervo o final de traxecto de cada unha das pasadas, ás 17.26, 14.18 e 18.57.

Ao final de cada unha destas os pilotos regresarán ao parque pechado de Viveiro para poñer a punto os seus coches para os seguintes tramos, no caso dos dous primeiros, e para celebrar o final da competición, despois do último.

Le a crónica completa na edición impresa de El Progreso deste sábado

Comentarios