Adrián Ben logra a mínima para os 800 metros do Mundial absoluto de Doha

O viveirense correu dúas centésimas por baixo da marca requirida e, se aposta por esta distancia, terá praza se logra un podio no Nacional

Adrián Ben. AEP
photo_camera Adrián Ben. AEP

O atleta viveirense Adrián Ben logrou a marca mínima para participar nos 800 metros lisos do Mundial absoluto de atletismo que se disputará no mes de outubro en Catar.

O mariñán, que cumprirá 21 anos o próximo mes, logrou a mínima por tan só 2 centésimas durante o Meeting Internacional de Atletismo Cidade de Barcelona. Aínda que non é a súa proba predilecta, Ben correu os 800 metros en 1.45.78 minutos, conseguindo ademais ser o mellor español do ano nesa distancia e bater unha marca autonómica que se mantiña desde hai tres décadas.

A mínima para estar no Mundial estaba situada en 1.45.80. Para lograr a clasificación definitiva para Doha, o viveirense seguramente se terá que subir ao podio no Campionato de España absoluto que se disputará o 31 de agosto e o 1 de setembro na Nucía (Alacante).

Comentarios