Actividades na rúa recordan o sábado e o domingo a Festa Normanda en Foz

Ata sete actividades distintas poderán gozarse mañá entre a unha da tarde e as nove e media da noite
Festa Normanda. PALEO
photo_camera Festa Normanda. PALEO

A Festa Normanda estará ausente este ano en Foz pero, con todo, o Concello manterá vivo o seu recordo nas rúas con varias actividades tanto o sábado como o domingo.

A xornada máis intensa será a do sábado con ata sete citas distintas que comezarán á unha da tarde cuns pasacalles da batukada Perkusiona. A esa mesma hora haberá un concerto do grupo Super Glu no paseo da praia de A Rapadoira. Xa pola tarde, ás seis, terá lugar un espectáculo infantil a cargo de Os Monifates na praza Conde de Fontao.

Ás sete, no mesmo lugar, será momento para o circo con Troula Animación que porá en marcha un espectáculo circense que deixará paso, ás oito, a un novo espectáculo de ton infantil, de novo dos Monifates na mesma praza.

A partir das nove da noite comezará uns novo pasacalles de Perkusiona e ás nove e media última actuación do día con Super Glu, tamén en Conde de Fontao.

O domingo terá lugar un dobre concerto de José Brea e Pouco Taxes. Tocarán á unha no paseo da Rapadoira e ás nove e media na praza Conde de Fontao.

Comentarios