Acosar mediante Whatsapp a unha amiga da súa filla pode custarlle ano e medio de cárcere

Coñecía á moza por ser amiga da súa filla

WhatsApp. EP
photo_camera WhatsApp. EP

Un home podería ser condenado a un ano e medio de cárcere por acosar a unha moza, menor de idade, mediante mensaxes continuas en Whatsapp. Será xulgado o xoves por estes feitos no Penal número 1 de Lugo tras a instrución realizada en Mondoñedo.

Os feitos producíronse os días 17 e 18 de outubro de 2015 cando o acusado, segundo a Fiscalía, "guiado polo ánimo de satisfacer os seus instintos libidinosos e manter contactos de carácter sexual coa menor mandoulle mensaxes, á que coñecía por ser veciña e amiga da filla do propio acusado". Agora pídeselle esa pena e prohíbeselle contactar con calquera menor en 5 anos.