Acisa de Ribadeo recibiu 40.000 euros da Xunta para as súas actividades

Esta subvención supón máis do 30% do orzamento da organización
Gala de Acisa celebrada en febrero. JM PALEO
photo_camera Gala de Acisa celebrada en febreiro. JM PALEO

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) de Ribadeo recibiu onte a confirmación da Xunta de Galicia de que percibirá a axuda máxima que concede o Goberno galego a este tipo de entidades, de 40.005 euros, para axudar a financiar as súas actividades.

Acisa de Ribadeo ten na actualidade 165 socios e o seu xerente, Jesús Pérez, apunta que están moi satisfeitos de recibir esa cantidade máxima prevista porque é un recoñecemento ao seu labor.

Pérez Prada recordou que é unha cantidade que xa conseguiron en convocatorias anteriores e asegura que se trata de un diñeiro "esencial para o noso funcionamento". É máis do 30% do seu orzamento anual e permítelles facer fronte a gastos como a xestión da web, sinalización comercial e algunhas campañas de dinamización comercial e fidelización.

Comentarios