Acisa mostra a súa preocupación polo aumento de casos de covid en Ribadeo

A patronal do comercio pide prudencia e responsabilidade a veciños e empresarios para evitar restricións
Jesús Pérez, gerente de Acisa, y Francisco Iriarte, el presidente. FACEBOOK
photo_camera Jesús Pérez, xerente de Acisa, e Francisco Iriarte, o presidente. FACEBOOK

A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autonómos (Acisa) de Ribadeo mostra preocupación polo aumento de casos de covid na localidade, á vez que pide prudencia e responsabilidade a veciños e empresarios. 

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, súmase á petición de prudencia realizadas desde o Concello, “porque as irresponsabilidades individuais e colectivas páganas os bares, os restaurantes e as tendas de Ribadeo”. Iriarte asegura que “estamos moi preocupados” e engade que o goberno local mantenlles informados da evolución. 

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, insiste na necesidade de usar a máscara en todo momento, na terraza e no interior dos bares, “só se quita para consumir. Non se pode fumar nas terrazas e os aforamentos están para cumprirse. Por favor, como clientes cumpramos as normas. é importante parar esta cadea de contaxios”.

Pérez indica aos empregados e donos dos negocios que “sabemos que non sodes policías para chamar a atención aos vosos clientes, pero se hai que facelo, hai que facelo. Se nos próximos días nos cambian de nivel pensemos no permisivos que fomos. Todos queredes traballar, somos conscientes, pero non nola xoguemos, xa que iso pode implicar cambios negativos para todos”.

O presidente de Acisa invita a non relaxarse. “Agora é cando máis estritos temos que ser, estamos a xogarnos a tempada de verán. O virus segue aí, non vaiamos liala ao final do camiño. A cidadanía tamén debe ter presente que non estamos para festas privadas, para botellóns ás agachadas ou para reunións en domicilios máis aló do permitido”.

Máis en A Mariña
Comentarios