Acisa Ribadeo alerta dunha presunta fraude facéndose pasar polo colectivo

Un home "con voz estraña" chama a asociados ofrecéndolles servizos sanitarios e de aseguradoras ademais de solicitarlles datos persoais e empresariais 
Sorteo de Acisa Ribadeo. EP
photo_camera Sorteo de Acisa Ribadeo. EP

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, advirte de que a asociación está a recibir numerosas chamadas de empresas de Ribadeo "queixándose de que alguén facéndose pasar por Acisa está a reclamar datos para servizos de saúde, aseguradoras, etc…".

Desde a asociación indican que se trata dun home "con voz estraña" que solicita datos empresariais e persoais. O seu número de teléfono non aparece e ao pedirlle un contacto facilita un número falso. O colectivo xa denunciou os feitos ante a Garda Civil.

Acisa pide aos asociados que "nunca faciliten datos persoais, bancarios ou empresariais por teléfono se non saben con quen falan” e subliña que a asociación nunca solicita datos de carácter persoal ou empresarial por esa vía, xa que se relaciona cos socios polas canles ordinarias e a través do persoal habitual.

O colectivo recomenda que ante calquera dúbida se poñan en contacto coa xerencia da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.

Comentarios