Acisa advirte ao sector hostaleiro de Ribadeo sobre posibles peches e sancións

A entidade recordou a necesidade de cumprir a normativa
Terraza en Ribadeo. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Terraza en Ribadeo. JOSÉ Mª ÁLVEZ

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) de Ribadeo emitiu un comunicado advertindo ao sector hostaleiro da vila das posibles sancións e peches de locais que non cumpran coa normativa decretada pola Xunta. "A partir do 5 de marzo as visitas da Garda Civil e da Policía Local deixarán de ser informativas", aseguran.

Neste sentido recordan que, tanto no interior como o exterior, as mesas e as cadeiras colocadas deben corresponderse cos aforamentos máximos permitidos en circunstancias normais e deben inutilizarse as mesas e cadeiras que non poidan usarse. "é dicir, non vale retirar mobiliario e separar mesas", indican.

Tamén advirten de que é obrigatorio ter nun lugar visible a cartelería da Xunta e o código QR e que só pode haber catro persoas non convivientes por mesa e que deben usar a máscara.

Máis en A Mariña
Comentarios