
A Aciam de Xove realizou o seu sorteo de 1.500 euros en vales de compra e aínda faltan por aparecer os posuidores de tres papeletas premiadas con 100 euros cada unha. Trátase do número 10.702, entregada en Restaurante Parrillada Os Faroles; a 49.377 que foi dada en Ferraxería Establecementos Rei, e a 17.922 repartida en Bar A Cancela.
A asociación, que actualmente preside Amador García, realizou este pasado venres o sorteo do Nadal, onde o premio repartíase nun vale de 500 euros, dous vales de 250 euros e cinco vales de 100 euros para trocar no comercio asociado. A papeleta gañadora dos 500 euros foi o número 16.105, as de 250 euros eran as 9.198 e 22.109, e as de 100 euros foron as 10.702, 49.377, 28.414, 13.981 e 17.922.
Os agraciados deben porse en contacto con algún integrante da directiva, con calquera empresa asociada ou mediante unha mensaxe privada nas redes sociais da Aciam para reclamar o premio antes deste venres 21 ás oito e media da tarde. Finalizado este prazo, se queda algún premio sen entregar, realizaranse novo sorteos "ata que se entreguen todos vos premios", avanzan desde o colectivo.
A asociación tivo que cancelar o sorteo presencial que ía celebrarse o venres pasado diante da oficina de turismo para evitar riscos ante a situación sanitaria actual e levouno a cabo de forma online, en app-sorteos.com e gravado en vídeo.