viernes. 21.01.2022 |
El tiempo
viernes. 21.01.2022
El tiempo

A Acia de Burela creará cinco espazos do Nadal e sorteará dúas viaxes a Disney

Árbol instalado en la Praza do Concello. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Árbol instalado en la Praza do Concello. JOSÉ Mª ÁLVEZ
O Concello instalará diante do consistorio atraccións para os máis pequenos e ten programadas varias actuacións nas festas

A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (Acia) de Burela creará cinco espazos do Nadal na localidade e sorteará dúas viaxes a Disneyland en París na súa campaña de Nadal. "A idea é estender o Nadal por toda a localidade e que todos os socios se beneficien do ambiente destas datas", explicou o presidente do colectivo, Ignacio Andía.

Os cinco espazos serán na zona da Moncloa, no parque Rosalía de Castro, na Rúa do Río, na zona do Campón e na Praza do Mariñeiro. Ademais neses puntos actuará a coral polifónica os días 23 e 30 de decembro e o 4 de xaneiro. E o 18, Dambara fará un pasacalles. "Para facer estas actividades colaboran connosco Ledicia, Dambara, Arume e a Asociación de Acordeonistas", matizou Andía.

Para incentivar as compras na localidade, a Acia impulsa o sorteo das viaxes a Disneyland, que se farán ante notario os días 23 de decembro e 5 de xaneiro. Para participar, os locais que sexan patrocinadores da campaña de Nadal repartirán rifas. "Aqueles comercios que queiran ser patrocinadores e repartir as rifas débense poñer en contacto connosco a través do correo electrónico", matizou Andía.

Ademais o colectivo impulsa un concurso de escaparates cunha categoría para o comercio e outra para a hostalería. Repartiranse dous premios en cada categoría de 450 e 200 euros para os dous primeiros clasificados. "Os gañadores serán elixidos por un xurado independente sen vinculación coa Acia", matizou Andía, que engadiu que tamén recibirá o premio dunha cea o escaparate máis votado nas redes sociais. Os tres premios terán ademais un agasallo elaborado por Eu Son.

Os comercios tamén contarán con ambientación musical.

Pola súa banda o Concello ademais dos arcos de luces nas rúas e a árbore de Nadal na Praza do Concello, instalará diante do consistorio varias atraccións para os máis pequenos entre os días 21 de decembro e 6 de xaneiro, ademais de programar distintas actuacións. O aceso da iluminación será este venres e ás oito e media haberá un acto simbólico co aceso da árbore. "Queremos que a xente desfrute estas festas", dixo o alcalde, Alfredo Chairo.

A Acia de Burela creará cinco espazos do Nadal e sorteará dúas...
comentarios