Achan falecido a un home novo no seu domicilio en Lourenzá

O 061 e a Garda Civil desprazáronse á vivenda de Santo Tomei tras o aviso dun particular ao 112
Oficinas del 112. EP
photo_camera Oficinas del 112. EP

Urxencias Sanitarias e a Garda Civil desprazáronse este domingo pola tarde a un domicilio da Lourenzá o que apareceu falecido un home novo.

O 112 recibiu minutos antes das tres a chamada dun particular que dicía que atopara a esta persoa posiblemente falecida no interior da vivenda, no lugar de Combre, que pertence á parroquia de Santo Tomei, e informou os servizos sanitarios do 061, que non puideron facer nada pola súa vida, e á Garda Civil.

Fontes locais explican que se trata dun mozo de nacionalidade romanesa na trintena que levaba poucos días no municipio e que convivía en Santo Tomei xunto a outras persoas da súa mesma procedencia.

Comentarios