Achan sen vida un home de 70 anos no seu domicilio de Cantarrana

O irmán do finado atopouno na bañeira falecido

Un home de 70 anos de idade foi atopado sen vida no seu domicilio de Cantarrana, na parroquia de Covas. O achado produciuse cara ás catro da tarde deste domingo cando o irmán do finado acudiu á vivenda ao non velo pola mañá e atopouno na bañeira falecido.

Como non lle abría ao chamarlle, acudiu a buscar unha chave á residencia da súa exparella. O familiar comunicou o óbito, supostamente por causas naturais, ás autoridades competentes.