Acepta seis meses de prisión por tentativa de agresión sexual en Burela

Audiencia Provincial de Lugo. AEP
photo_camera Audiencia Provincial de Lugo. AEP

O cidadán caboverdiano S.D., residente en Burela, aceptou unha pena de seis meses de prisión e tres anos de afastamento con respecto a unha veciña tamén deste municipio mariñán por unha tentativa de agresión sexual. 

Así, houbo conformidade entre as partes, acusación particular -que pedía tres anos de prisión por agresión sexual-, o fiscal -solicitaba dous anos-, e defensa -que requiría a libre absolución do seu cliente-. 

Os feitos xulgados tiveron lugar en xaneiro de 2016. No seu relato, o fiscal acusa o home de agarrar "fortemente polos brazos a unha muller á que invitara ao seu domicilio (en Burela), tirala sobre a cama e bicala". 

A vítima, segundo o primeiro escrito de cualificación, manifestou "a súa negativa a manter relacións sexuais, ante o que o sospeitoso comezou a separarlle as pernas para vencer a súa resistencia e finalmente conseguía fuxir da vivenda tras propinarlle patadas". 

Despois de que as partes alcanzasen o acordo, o propio procesado admitiu a culpa e aceptou os seis meses de prisión, na vista que se celebrou este xoves na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo. 

"LAGOAS". O avogado da defensa, Enrique Piñeiro, recordou que o sempre expuxo a "libre absolución", ao entender que "o testemuño da denunciante non era persistente, había moitas lagoas e contradicións". 

Unha vez negociado, Piñeiro explicou que se chegou a un "acordo, entre a acusación particular, o Ministerio Fiscal e a defensa". "Acordamos aceptar un acordo de conformidade consistente nunha condena de seis meses derivado dun delito de agresión sexual en grao de tentativa", confirmou. 

Ademais, deberá responder o procesado por unha "responsabilidade civil de 400 euros para a denunciante, ademais da indemnización ao Sergas", que ascende a 361 euros. 

Uns 350 efectivos dos Bombeiros estiveron traballando durante toda a noite para tratar de estabilizar o perímetro do incendio coa axuda duns 80 vehículos, 10 tractores e maquinaria pesada.

á primeira hora da mañá incorporáronse 7 medios aéreos (2 helicópteros de mando, 3 helicópteros bombardeiros e 2 avións de vixilancia e ataque) e cara ás 09.30 horas espérase a chegada de dous hidroavións do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. 

A xornada amenceu con menos vento do que soprou onte na zona, o que podería favorecer os labores de extinción, aínda que se espera que sexa tamén un día con altísimas temperaturas, o que supón unha dificultade para atallar a situación.

Os Bombeiros traballan en dúas frontes, un que bordea a estrada C-12, entre Maials e Flix, e que pode supor un freo para a extensión do incendio pola marxe esquerda, e noutra fronte no flanco dereito, nunha zona máis escarpada e de difícil acceso para os medios terrestres.