Un mariñán acepta dous anos de cárcere e dez de afastamento por abusar dunha menor de 12 anos

Ao carecer de antecedentes penais, o acusado non entrará en prisión
La Audiencia de Lugo. AEP
photo_camera A Audiencia de Lugo. AEP

O acusado dun delito de abusos sexuais a unha menor de doce anos aceptou unha pena de dous anos de cárcere e dez de afastamento tras alcanzar un acordo a defensa e a Fiscalía antes do xuízo que se ía a celebrar este xoves na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo. 

Nas súas conclusións previas neste proceso incoado por un xulgado de Viveiro, o ministerio fiscal pedía catro anos de prisión e 14 de afastamento para este home acusado dun delito de abusos a unha menor, de cuxa familia era amigo o acusado. 

No seu escrito, a Fiscalía sinalaba que, en data "non determinada pero en todo caso antes do verán de 2017" e "co "propósito de obter unha satisfacción sexual", o acusado comezou a tomar determinadas partes do corpo da menor, "intentou bicala repetidas veces nos beizos pedíndolle que lle tocase os seus partes". 

"Desta forma produciuse contacto corporal con significación sexual e inconsentido pola menor en canto non tiña nin a madurez mental nin a formación adecuada para iso", consideraba a Fiscalía. 

O avogado Ignacio Bermúdez confirmou a "conformidade", da que resultan dous anos de prisión e dez de afastamento da vítima, así como unha indemnización de 4.000 euros. 

Ao carecer de antecedentes penais, o acusado non entrará en prisión, o que foi determinante á hora de alcanzar un acordo coa Fiscalía, tal e como expuxo o avogado. A defensa recoñecía que estaban "satisfeitos" coa conformidade, tendo en conta que "poderá facer vida normal".

"Él tamén ten unha filla pequena e ten que alimentala e ten que traballar, loxicamente sempre hai intereses que pesaron sobre outros e era un risco que se celebrará o xuízo", apuntou. 

Comentarios