Dous coches víronse involucrados nun accidente de tráfico pasadas as nove da noite deste luns na carretera da Costa, a N-642, á altura da Espiñeira, no concello de Foz.
O sinistro, que se saldou con danos materiais e sen feridos, movilizou unha dotacción de Tráfico da Garda Civil, con base en Burela, a Protección Civil de Foz e á Policía Local. Tamén acudiu unha ambulancia do 061 ata o punto por se algún ocupante dos vehículos precisaba atención sanitaria.