Absolta unha nai de Viveiro que estaba acusada de pegarlle co cinto á súa filla

A Fiscalía acabou retirando os cargos a petición da propia menor

Los juzgados de Lugo. AEP
photo_camera Os xulgados de Lugo. AEP

Unha veciña de Viveiro foi absolta este xoves dun delito de malos tratos no ámbito familiar por pegarlle cun cinto á súa filla de catorce anos.

Nunha vista celebrada no xulgado número dous de Lugo, a Fiscalía acabou retirando os cargos contra a muller a petición do seu fillo.

Segundo o relato do Ministerio Fiscal, que pedía un ano de cárcere para a nai, esta empezou a discutir coa menor na vivenda e, tras perder os nervios, pegoulle coa parte metálica do cinto, provocándolle feridas en brazos, pernas e cadeiras, das que tivo que ser atendida no centro de saúde de Viveiro.