Abertas de novo ao baño as praias de Ril e do Cantiño: "A calidade das augas é excelente"

Tras as xornadas de contaminación temporal, o baño volve ser seguro nas dúas praias de Burela
Una mujer pasea por la playa de O Cantiño, en Burela. josé mª álvez
photo_camera Unha muller na praia de O Cantiño, en Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ (ARQUIVO)

Os usuarios das praias de Ril e do Cantiño poden volver bañarse neses areais con todas as garantías. As analíticas realizadas polo Sergas e remitidas este mércores ao Concello de Burela indican que a calidade das augas "é excelente". A contaminación microbiolóxica dos últimos días desapareceu, polo que o baño nestes areais volve estar permitido.

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, confirmou nun comunicado que a situación temporal de contaminación microbiolóxica nas augas de baño, con presenza de enterococos intestinais e escherichia coli, "finalizou ou cesou". Neste sentido, incidiu en que, de acordo coa información que figura na web do Servizo Galego de Saúde, tras o resultado dos controis analíticos, "volve ter a cualificación de auga excelente para o baño e por tanto non representa risco algún para a saúde humana”.

A concelleira de Medio Ambiente subliñou que "o baño volve ser seguro e retorna a normalidade habitual ás praias de Ril e do Cantiño, tras dúas xornadas de contaminación temporal". 

Comentarios