domingo. 25.08.2019 |
El tiempo
domingo. 25.08.2019
El tiempo

Abertas as inscricións para participar na Carreira Popular Benquerencia Terra Mar

Participantes na presentación da carreira barreirense. EP
Participantes na presentación da carreira barreirense. EP
A proba disputarase o próximo 4 de agosto
 

A praia de Fontela, en Barreiros, foi o escenario este venres da presentación da sétima edición da Carreira Popular Benquerencia Terra Mar, que se disputará o próximo 4 de agosto e para a que están abertas xa as inscricións na web de Championchipnorte. Esta proba está dentro do exitoso circuíto Tour Mariña onde colabora El Progreso.

Á presentación da carreira barreirense asistiron: Ana Ermida, alcaldesa da localidade, xunto a outros membros da corporación como Daniel García, Dámaso Ratoeira e Lorenzo Penabab; por parte da Xunta de Galicia estivo o xefe de deportes, Manolo Cadramón; por parte da asociación encargada da organización, estivo o seu presidente, Pepe Cadramón; polo Praias de Barreiros, que é colaborador desta actividade deportiva, estivo Julio Jesús Rocha, que é o presidente.

 Nesta proba colaboran Banco Mediolanum, Asociación Vea, o Praias de Barreiros de fútbol sala, Coca Cola, IG10, Protección Civil de Barreiros, BeOne, aceites Abril, Eroski Barreiros, Game Sport e o Balcón de San Bartolo.

Abertas as inscricións para participar na Carreira Popular...
Comentarios