Abertas as inscricións para a undécima edición da Enduro Medela de MTB

A proba celebrarase o 6 de marzo, domingo, e os interesados en apuntarse poden facelo a través da páxina de Championchipnorte
_MG_5502 (2)
photo_camera Participante nunha edición anterior da Medela MTB. AEP

Os amantes das bicicletas de montaña están de parabén, xa que retorna con forza unha das probas desta modalidade deportiva máis concorridas da Mariña. Os organizadores da duodécima ruta de Enduro Medela MTB, o club que leva o nome da proba, abren xa as inscricións, a través da páxina ccnorte.com para todos aqueles que queiran participar no evento, que terá lugar o día 6 de marzo, domingo, a partir das 9.30 horas.

A saída e chegada da proba estará situada nos arredores da piscina municipal cervense de Lieiro. A partir de alí os participantes dirixiranse ás zonas de camiños e carreiros de monte para realizar catro subidas ata volver á zona de saída. A distancia será de 33 quilómetros, cun desnivel acumulado de 1.400 metros e un grao de dificultade medio-alto.

Comentarios