A xefa de recursos humanos de Alcoa San Cibrao deixa a compañía

O comité de empresa analiza a contrapropuesta que presentará á multinacional
Fábrica de Alcoa en San Cibrao. J.M.ÁLVEZ
photo_camera Alcoa. J.Mª ÁLVEZ

A dirección do complexo industrial de Alcoa en San Cibrao anunciou que deixa a compañía a que ata agora era xefa de recursos humanos da planta de aluminio. 

Nun conciso comunicado, os xefes das plantas de Alúmina e de Aluminio do complexo industrial de San Cibrao, Raquel Vázquez e Jesús Maroño, respectivamente, informan de que a xefa de recursos humanos deixará a compañía o 17 de xaneiro para "perseguir novos retos profesionais". 

Ademais de anunciar o nome das persoas que a substituirán nesas funcións, a dirección agradécelle nese mesmo comunicado "toda a súa contribución aos éxitos da planta de aluminio e do complexo durante todos os seus anos" na compañía. 

Este cambio na estrutura organizativa de Alcoa San Cibrao prodúcese nun momento no que a multinacional e o comité de empresa seguen negociando para chegar a un acordo que permita porlle fin á folga indefinida que comezou a principios de outubro, a raíz do proceso de despedimento colectivo presentado pola compañía, posteriormente anulado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que afectaba a 524 traballadores da fábrica de aluminio. 

Zan explicou que a contraproposta ten que presentarse con moita "cautela"

A empresa presentou unha proposta para pechar ese acordo e alcanzar a paz social, condición que considera indispensable para reiniciar a negociación para a venda da planta.

COMITÉ. O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, explicou que "os avogados" dos sindicatos están analizando con "mimo" e "cautela" a contraproposta que a representación dos traballadores presentaralle á multinacional tratar de buscar un acordo que permita a desconvocatoria da folga indefinida e o inicio da negociación para a venda da planta. 

"Estamos a estudar a proposta da empresa", dixo Zan a Efe, e ao mesmo tempo "os avogados están a analizar tamén a contrapropuesta" aprobada este mércores polo comité en pleno extraordinario. 

O presidente do comité precisou que esa "cautela"  é necesaria, porque a "empresa non desistiu do proceso de Ere" e a próxima batalla legal podería librarse no Tribunal Supremo se finalmente non chega o esperado acordo para reiniciar a negociación de face a unha posible venda da fábrica de aluminio primario. 

"Temos que ter moito coidado en relación nas propostas que facemos", insistiu Zan, porque os traballadores non deben "demostrar mala fe" en ningún momento da negociación. 

"Estudaremos moi ben cada proposta que presentemos", concluíu.

Comentarios