A A-8 está pechada por segundo día consecutivo por mor da néboa no Fiouco

Aviso por el cierre de O Fiouco. AEP
photo_camera Aviso por un peche do Fiouco. ARQUIVO

Os densos bancos de néboa que dificultan a visibilidade e condicionan a seguridade dos usuarios obrigaron por segundo día consecutivo á Dirección Xeral de Tráfico a cortar a circulación en ambos os sentidos na Autovía do Cantábrico (A-8) ao seu paso polos municipios lucenses de Mondoñedo e Abadín.

A autovía permanece cortada desde a tarde do luns, como consecuencia da néboa no Alto do Fiouco, concretamente no tramo comprendido entre os quilómetros 536 e 552. Como é habitual nestes casos, habilitáronse desvíos alternativos pola estrada N-634 ao seu paso polo municipio de Mondoñedo.

A finais de xaneiro, o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana formalizáronse sete contratos de investigación e desenvolvemento, mediante o sistema de compra pública precomercial, para o "deseño, implementación e experimentación con prototipos de tecnoloxía innovadora" cos que buscar unha solución aos problemas que provoca a néboa nese tramo.

Comentarios