0-4. O Deportivo golea o Viveiro en Cantarrana

Os visitantes dominaron o partido na estrea dos locais en pretemporada

Lucky, rodeado de dos contrarios en el encuentro de ayer en Cantarrana. PALEO
photo_camera Lucky, rodeado de dous contrarios no encontro deste sábado en Cantarrana. PALEO

O Deportivo da Coruña impúxose este sábado con facilidade no partido amigable celebrado no estadio de Cantarrana ao Viveiro por un claro 0-4. Notouse a maior rodaxe dos herculinos, ademais da diferenza da categoría, xa que os locais comezaron a pretemporada o pasado mércores. 

A primeira parte foi un monólogo absoluto do Deportivo. Tivo o dominio do balón durante os 45 minutos e o Viveiro non inquietou en ningunha oportunidade a Makay. Ademais, pronto se lle puxo o partido de cara aos branquiazuis, cando Kiles anotou o primeiro tanto aos sete minutos. Un gol que veu precedido dun fallo de Tomy, o porteiro local, que tras regatear a un xogador do Dépor confiouse, roubaron o coiro, e Kiles, de vaselina, atopou as redes en Cantarrana. 

Foi un gol que non cambiou o panorama, xa que o conxunto herculino movía a pelota por todo o campo buscando os ocos na telaraña local.

Le a crónica completa na edición impresa deste domingo de El Progreso

Ficha técnica
Viveiro CF: Tomy, Brais, Edgar, Nico Madero, Pablo Rey, Marcos, Muiño, Marino, Lucky, Trasi y Asier. También jugaron Manu Cedrón, Pablo Louzao, Rolle, Diego, Lucas, Hugo e Carlos.

Deportivo: Makay, Trilli, Granero, Trigueros, Héctor, Juergen, Calabera, Villares, Keko, Noel y Kiles. También jugaron Jeremay Hernández, Alberto, La Peña, Bergantiños, Miku, Gandoi, Menudo, Willian, De Vicente, Aguirre, Jaime, Juan Rodríguez e Mella.

Goles: 0-1, minuto 7: Kiles. 0-2, minuto 42: Kiles. 0-3, minuto 45: Héctor. 0-4, minuto 79: Gando. 

Árbitro: Juan Abel Bruzos. Amarela a Nico Madero.

Incidencias: Partido amigable disputado no campo de Cantarrana. Boa entrada nas gradas.

Comentarios