
O conxunto feminino do Pescados Rubén Burela superou con relativos apuros a vista dun Atlético Torcal que demostrou en Vista Alegre que os seus resultados da segunda volta non son unha casualidade. Nun partido non demasiado vistoso, o cadro mariñán fixo valer a maior pegada e calidade dos seus futbolistas.
As burelistas, aínda saboreando o título copeiro cultivado en Ourense, fóronse polo partido desde o comezo, pero se atoparon enfronte a un Torcal que se defendeu moi ben durante os primeiros dez minutos de xogo e intentando xerar perigo saíndo á contra. Unha vez superado o primeiro cuarto de partido chegaron os dous tantos que ao final sería definitivos.
E fixérono en tan só dous minutos. No primeiro era Ale de Paz a que aproveitaba unha mala entrega da defensa malagueña para bater por baixo desde o frontal a Noelia. No segundo era Jenny a que probaba desde a distancia e acababa marcando logo de que o balón tocase en Tais Alves e despistase á súa compañeira.